Sunday 28 de April de 2024

Programación cultural Concello de Carral


TOM CRUISE PROTAGONIZA A SESIÓN DE CINE DESTE VENRES NA CASA DA CULTURA

Misión: Imposible – Fallout, protagonizada por Tom Cruise, é a película que se proxecta este venres para rematar o ciclo Cine na Casa da Cultura ás 20:30 h.

Esta é a sexta película de thriller de espionaxe da saga Misión Imposible e ao igual que as anteriores, ofrece acción trepidante e efectos visuais espectaculares.

Para gozar do filme é necesario reservar convites chamando ao 981 672 580.

CON CARTÓONS PÉCHASE O CICLO DE TEATRO DE OUTONO

Coa obra Cartóons de Producións Teatrais Excéntricas péchase este sábado o programa Teatro de Outono de Carral, que este ano presentou 8 obras doutras tantas compañías galegas. O ciclo contou coa participación da Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural.

Para a función deste sábado xa están esgotados os convites, que están limitados a un total de 60 polas restricións sanitarias do Covid.

Josito Porto e Víctor Mosqueira son os intérpretes e creadores de Cartóons, que en clave de clown representan a unhas personaxes que viven doutro xeito, á marxe da sociedade, empregando o cartón como o elemento esencial do seu universo.

O ciclo teatral que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Carral nos meses outono, acumulou nesta edición do 2020 da pandemia un salientable éxito de público, incluíndo algunhas das obras que maior éxito colleitaron nos premios María Casares do teatro galego, entre elas Bernarda que sumou catro galardóns, resultando así a máis premiada.

XACARANDAINA ACTUARÁ NA FEIRA DESTE DOMINGO

O próximo domingo é día 13 e haberá feira en Carral. Para contribuír á dinamización comercial, os departamentos municipais de Cultura e Comercio ofrecerán a actuación do grupo de música e baile tradicional Xacarandaina, que terá lugar, se as condicións climatolóxicas o permiten, en diferentes puntos da feira.

Está previsto que a actuación de Xacarandaina, incluída na Rede Cultural da Deputación, comece ás 11:30 h.